Menú do día
Dispoñemos dun variado e económico menú do día ou menú do peregrino por 9€ que se ofrece de luns a venres desde as 13:00 h a 16:00 e de 19:00 a 22:00 h da noite.
Dependendo do día, os nosos menús constan 4 ou 5 pratos de primeiro a elixir e outros 4 ou 5 de pratos de segundo. Logo pódese tomar sobremesa ou café, podendo ser de sobremesa unha elaboración caseira, unha froita, unha copa de xeado, un iogur ou un flan. Todo isto acompañado de pan e unha bebida. Tamén ofrecemos o noso menú do día para levar. Neste sentido, agradécese que o cliente traia o seu propio recipiente co fin danar o medio ambiente o menos posible. En caso de grupos numerosos agradécese reservar previamente, para beneficio dos clientes e o noso propio, pois nos permite unha mellor organización.
- 1º plato
- 2º plato
- Postre ou café
- 1 bebida e pan incluídos
12€
Horario
Bar
- Luns: 09:30 a 00:00
- Martes: 09:30 a 16:00
- Mércores: 09:30 a 00:00
- Xoves: 09:30 a 00:00
- Venres: 09:30 a 00:00
- Sábado: 19:00 a 00:00
- Domingos: 09:30 a 00:00
- Luns: 09:30 a 16:00 e 19:00 a 00:00
- Martes: 09:30 a 16:00
- Mércores: 09:30 a 16:00 e 19:00 a 00:00
- Xoves: 09:30 a 16:00 e 19:00 a 00:00
- Venres: 09:30 a 16:00 e 19:00 a 00:00
- Sábado: 19:00 a 00:00
- Domingos: 09:30 a 16:00 e 19:00 a 00:00
O noso local
O Café Bar Imperial é un dos establecementos máis antigos da vila de Negreira e leva máis de trinta anos funcionando. O noso bar caracterízase por ser un punto de encontro e un lugar emblemático onde habitualmente concéntranse numerosos veciños, así como visitantes e peregrinos que se senten atraídos polas nosas terras. Ofrecemos unha variada oferta de viños de calidade, tanto galegos como do resto do país, un ambiente familiar e variedade de tapas, racións, bocadillos e pratos combinados para satisfacer o apetito dos nosos clientes.
Dispoñemos dunha ampla terraza exterior, con zona cuberta e calefactada, no acceso ao bar desde a Praza do Concello, ideal para gozar de comidas ao aire libre no mesmo centro de Negreira.
Dispoñemos dunha zona restaurante que está especializado en comida caseira. Organizamos comidas por encargo e dispoñemos dun variado e económico menú do día ou do peregrino.
A nosa pantalla xigante do comedor e o resto de televisións do local fan do Café Bar Imperial o local ideal para gozar dos mellores acontecementos deportivos, fútbol, baloncesto, formula 1, etc. Posibilidade de varios eventos simultaneamente.